Ribadeo fai balance dun Indiano de récord: “máis de 60.000 visitantes e tres millóns de impacto económico”

O XI Ribadeo Indiano pechou a súa edición cun balance moi positivo, ao reunir máis de 60.000 visitantes e xerar un impacto económico superior aos tres millóns de euros, segundo destacou o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.

O rexedor subliñou a consolidación desta cita como un dos grandes eventos turísticos e culturais da comarca, destacando tamén o incremento do turismo internacional. Vega agradeceu a implicación da veciñanza, da hostalería, do comercio, de Acisa, da Xunta de Galicia e do persoal municipal, cuxo traballo contribuíu ao éxito da celebración.

Durante varios días, Ribadeo acolleu unha ampla programación con música habaneira, concertos, presentacións de libros, exposicións, mercados, actividades deportivas e propostas gastronómicas, que atraeron milleiros de persoas ás rúas da vila.

O alcalde avanzou que o Concello xa traballa na preparación da edición de 2027, co obxectivo de seguir mellorando unha celebración que considera plenamente consolidada e cun importante retorno económico e turístico para Ribadeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com