Ribeira Sacra Breogán pecha a liga regular cunha sufrida vitoria ante o Prat mentres Club Deportivo Lugo perde contra o Racing

Ribeira Sacra Breogán impúxose ao Prat esta fin de semana, cun resultado final de 85-80.O equipo catalán chegou a dominar aos lucenses con hasta once puntos de diferenza. O equipo de Lisardo tivo que tirar de oficio para repoñerse dun mal terceiro cuarto que chegaba ao seu final cun 56-64, e que obrigou á remontada nun frenético cuarto final.

Pola súa banda, Club Deportivo Lugo, perdeu na súa visita ao Racing de Santander por 1-0. Provisionalmente, os lucenses son undécimos con corenta e catro puntos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com