Rozas denuncia que o goberno local non designe un substituto para o xefe de bombeiros

O viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, explicou que na actualidade non hai xefe de bombeiros no parque de Lugo. O viceportavoz popular afirmou que esta situación débese a que o xefe de bombeiros atópase de vacacións e “pola falta de previsión do goberno local” o Concello non designou a  un responsable en funcións mentres esta persoa atópase gozando das súas vacacións.

Enrique Rozas di que agora mesmo a responsabilidade repártese entre os cabos responsables de cada quenda, pero a situación en ocasións “é máis caótica” porque ao non estar decretado oficialmente esa responsabilidade dos cabos, nas quendas nos que non hai un cabo “asume a responsabilidade o bombeiro con maior antigüidade”.

Para o vicevoceiro esta forma de actuar “non é adecuada” e asegura que os socialistas terían que aplicar un mecanismo similar ao que utilizan coa Policía Local, xa que cando o xefe da Policía Local atópase ausente, desígnase a unha persoa en funcións para desempeñar esa responsabilidade e evitar así “un baleiro de poder”.

Enrique Rozas lamenta tamén os poucos efectivos con que conta o actual persoal do parque de bombeiros de Lugo. Na actualidade son 39 efectivos máis o sarxento, dos cales 5 atópanse de baixa, sendo 4 delas de longa duración. Pero a situación empeora nos períodos vacacionais, xa que o número de efectivos redúcese a 25, circunstancia que provoca que se teñan que realiza reforzos entre o persoal do persoal para completar unha media de 6 efectivos por quenda.

Por iso, o popular denuncia a situación na que se atopa o persoal, ademais de urxir ao goberno local que abone os honorarios correspondentes a estes reforzos, que os bombeiros levan un ano sen cobrar. Ademais, Enrique Rozas esixe que se estableza unha estrutura de mando, xa que a persoa que exerce as funcións de sarxento non é un sarxento, xa que é un cabo quen realiza as funcións de xefe de bombeiros, e desígnese un cabo responsable de cada quenda. Mesmo, o popular asegura que é “urxente” cubrir as 12 prazas ofertadas nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2015, 2016 e 2017, e ter en previsión que no ano 2019 xubilaranse outros 6 efectivos do corpo para non “minorizar” aínda máis o persoal dun servizo que é “fundamental”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com