Rubén Otero denuncia a falta de mantemento dos colectores de lixo de Castroverde

O voceiro do PP en Castroverde, Rubén Otero, denuncia a falta de mantemento por parte do Concello dos colectores de lixo. Tal é así que, advirte, “estes depósitos levan sen limpar máis dun ano”.

“Da noxo ver os contedores. Pregúntome se o señor Arias non se avergoña de como os ten porque ver, veinos todos os días”, critica. O popular cualifica o estado de abandono no que se atopan de “desleixo” e responsabiliza ao socialista de desentenderse deste servizo municipal.

Por este motivo, Otero pídelle ao alcalde que emprenda as xestións oportunas para reverter esta situación e incluso que faga unha revisión dos mesmos porque algúns, di, “xa debían de ser cambiados hai tempo”. “Estamos francamente indignados porque a situación repítese tanto na zona urbana como na rural. Ter os colectores desta maneira é dunha vaguedade sen precedentes”; o que lle fai concluír que “non sabe moi ben a que está Arias”.

“Quizais a Deputación lle coma moito tempo, pero os veciños de Castroverde non teñen porque pagar a súa dobre ocupación alcalde-deputado”. Otero agarda así que o socialista non faga caso omiso da petición do Partido Popular e corrixa “a deixación de funcións á que, lamentablemente, nos ten acostumados Arias”, remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com