" />

As Rutas Fluviais na Ribeira Sacra funcionarán toda a Semana Santa

A Deputación de Lugo inaugurará mañá as Rutas Fluvias na Ribeira Sacra, que funcionarán todos os días da Semana Santa. O Presidente, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto a outras autoridades de Lugo e Ourense, ademais de representantes de establecementos de ambas as dúas provinciais que se benefician do funcionamento dos catamaráns nos ríos Miño e Sil, participaran no acto, que terá lugar ás 13:00 horas, no embarcadoiro de Doade.

As rutas fluvias que se poñen en marcha a partires do vindeiro sábado son “Ruta do Canón do Sil”, que descorre polo embalse de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina, con saída e final en Doade, no Concello de Sober; e “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, que vai polo embalse dos Peares entre o embarcadoiro do pobo de Belesar, no Concello do Saviñao, e a área Recreativa de Maiorga, no Concello de Pantón.

Durante todos os días da Semana Santas, poderase desfrutar de ambas as dúas rutas ás 11:30 horas e 16:00 horas. Logo destas datas festivas, estas viaxes fluviais  poderanse facer no horario indicado, aínda que de mércores a domingo. Funcionarán as pontes das Letras Galegas, do Pilar e da Constitución.

Ademais, o organismo provincial creou unha nova oficina de atención ao público no embarcadoiro de Doade, onde se poderán adquirir os tickets e na que persoal especializado ofrecerá aos visitantes información sobre as Rutas e a Ribeira Sacra en particular, así como sobre os recursos turísticos e de lecer da provincia.

Central de Reservas

Xunto ao incremento dos profesionais que ofrecerán un mellor servizo, outras das novidades que incorpora a institución é a posta en marcha dunha nova Central de Reservas para gardar ou comprar os billletes, e solicitar todo tipo de información. Pódese facer on line as 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a domingo de 08:30 a 20:30 horas no teléfono 982-26-01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente na planta baixa onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos os interesados.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo