Sancións de posible aplicación do “Estado de Alarma” que poden impoñer as Forzas e Corpos de Seguridade

Estas son as sancións que  poden impoñer ás persoas os Corpo e Forzas de Seguridad (Policias: Nacional, Autonómica e Local así como a Garda Civil, con base ao Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo de 2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Visto que o artigo 20, tipifica o incumprimento ou a resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado conforme as leis, nos termos establecidos no artigo dez da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño.

SANCIÓNS DE POSIBLE APLICACIÓN 1º- LEI ORGÁNICA 4/2015, DO 30 DE MARZO, DE PROTECCIÓN DA SEGURIDADE CIDADÁ. 37.15. A remoción de valos, encintados ou outros elementos fixos ou móbiles colocados polas Forzas e Corpos de Seguridade para delimitar perímetros de seguridade, aínda con carácter preventivo, cando non constitúa infracción grave. Sanción LEVE multa de 100 a 600 euros. 36.6. A desobediencia ou a resistencia á autoridade ou aos seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non sexan constitutivas de delito, así como a negativa para identificarse a requirimento da autoridade ou dos seus axentes ou a alegación de datos falsos ou inexactos nos procesos de identificación. Sanción GRAVE multa de 601 a 30.000 euros.

2 2º- LEI 33/2011, DO 4 DE OUTUBRO, XENERAL DE SAÚDE PÚBLICA. Art. 57.2. b) INFRACCIÓNS GRAVES, multa de 3.001 ata 60.000 euros.

1.º A realización de condutas ou omisións que poidan producir un risco ou un dano grave para a saúde da poboación, cando esta non sexa constitutiva de infracción moi grave. Art. 57.2.a) INFRACCIÓNS MOI GRAVES, multa de 60.001 ata 600.000 euros. 1.º A realización de condutas ou omisións que produzan un risco ou un dano moi grave para a saúde da poboación. 2.º O incumprimento, de forma reiterada, das instrucións recibidas da autoridade competente, ou o incumprimento dun requirimento desta, se este comporta danos graves para a saúde.

3º- LEI 17/2015, DE 9 DE JULIO, DO SISTEMA NACIONAL DE PROTECCIÓN CIVIL. 45.4. Constitúen infraccións GRAVES, 30.001 a 600.000 euros.
b) Nas emerxencias declaradas, o incumprimento das ordes, prohibicións, instrucións ou requirimentos efectuados polos titulares dos órganos competentes ou os membros dos servizos de intervención e asistencia, así como dos deberes de colaboración aos servizos de vixilancia e protección das empresas públicas ou privadas, cando non supoña un especial perigo ou transcendencia para a seguridade das persoas ou os bens. 45.3. Constitúen infraccións MOI GRAVES, multa de 1.501 a 30.000 euros.

b) Nas emerxencias declaradas, o incumprimento das ordes, prohibicións, instrucións ou requirimentos efectuados polos titulares dos órganos competentes ou os membros dos servizos de intervención e asistencia, así como dos deberes de colaboración aos servizos de vixilancia e protección das empresas públicas ou privadas¸ cando supoña un especial perigo ou transcendencia para a seguridade das persoas ou os bens

 

3 4º-LEI ORGÁNICA 10/1995, DO 23 DE NOVEMBRO, DO CÓDIGO PENAL. Artigo 556. 1. Serán castigados coa pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a dezaoito meses, os que, sen estar comprendidos no artigo 550, resistiren ou desobedeceren gravemente á autoridade ou os seus axentes no exercicio das súas funcións, ou ao persoal de seguridade privada, debidamente identificado, que desenvolva actividades de seguridade privada en cooperación e baixo o mando das Forzas e Corpos de Seguridade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com