" />

Sanidade, Abanca e o Concello reúnense para avanzar no centro de saúde do Sagrado Corazón

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse hoxe co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares e responsables de Abanca para avanzar no novo centro de saúde no Sagrado Corazón.

A entidade financeira adiantou no encontro que se encargará de dar traslado ao seu Padroado da proposta emitida por ámbalas dúas administracións.

A rexedora lucense acadara a semana pasada o compromiso do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para construír un novo ambulatorio neste barrio da capital.

Lara Méndez expuxéralle nese encontro a necesidade de mellorar as instalacións tendo en conta a situación do actual centro, que atende a case 7.000 persoas – na súa maioría xente maior – pero que non reúne as mínimas condicións esixibles xa que a pesar de estar nun baixo, o inmoble conta con dous niveis de escaleiras dificultando e mesmo imposibilitando o tránsito para cadeiras de rodas e carriños de bebé.

Neste senso, a alcaldesa da cidade reiterou esta mañá a solicitude unánime da Corporación para intentar que o centro de saúde se constrúa nas parcelas onde agora está o colexio público, que previsiblemente se trasladará no vindeiro curso escolar para as súas novas instalacións, tendo en conta que “se trata dun terreo moi amplo e dotacional, e non queremos que as actuais dependencias queden baleiras porque poden supor un serio risco de degradación para o barrio”, concluíu Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo