Sanidade confirma o cribado a uns 600 traballadores do Edificio Administrativo da Xunta

 A Consellería de Sanidade fará un cribado aos aproximadamente 600 traballadores do edificio da Delegación Territorial da Xunta, despois de detectar un brote de oito positivos, sete deles en Política Social e un na Amtega. Así o comunicou hoxe o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen sinalou que “aínda que nun primeiro momento se decidiu limitar o cribado á planta baixa, na que se detectaron estes positivos, finalmente e por prevención, as probas realizaranse a todos os traballadores do edificio administrativo da Xunta, aproximadamente uns 600 “.

Esta mañá, a secretaria territorial, Marta Barreiro; xunto aos xefes territoriais de Sanidade e Presidencia, Begoña Seco e Gerardo Criado, respectivamente, mantiveron unha reunión coa Xunta de Persoal para comunicarlles a situación, aínda que onte xa se lles informou da aparición de casos nos citados servizos.

Arias Fouz sinalou que estas medidas se están a tomar por seguridade e prevención e para manter o gromo controlado, tal e como se fixo no IGVS, servizo situado noutro edificio. De feito, trala detección do caso positivo dun traballador, optouse por facer cribado na súa planta, con resultados negativos en todas as probas realizadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com