Sanidade informa de seis novos positivos na provincia de Lugo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 259 dos cales 196 están ubicados na provincia de Lugo, seis máis que no día de onte.

Esto supón un freo no avance da enfermidade nesta provincia que xa se constituira hai días como a única da comunidade na que continuaba a subida de casos.

Do total de pacientes positivos en Lugo, só seis están en unidades de hospitalización, cinco na Mariña e un deles na capital da provincia. Un dato que leva varias xornadas sen variar.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.898 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 210.649.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com