Santos: “Balseiro recoñece o desprezo da Xunta coa provincia, o reparto discriminatorio”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, aclarou este mércores “as descaradas mentiras” do Delegado Territorial da Xunta en Lugo ao respecto do Fondo de Cooperación Local de Galicia e destacou como “Balseiro recoñece o desprezo da Xunta coa provincia, o reparto discriminatorio de fondos públicos que se leva a cabo o Goberno galego no territorio lugués, o desleixo na atención súas competencias legais en Lugo e a súa ignorancia sobre as leis que rexen as institucións”.

A primeira das “mentiras” que resalta o socialista, é que en Galicia, o Fondo de Cooperación Local nútrese dos fondos que lle corresponden aos Concellos pola súa participación nos tributos da autonomía. A Constitución recolle o dereito dos municipios a recibir os mesmos. Polo tanto, segundo Santos Ramos, que os Concellos reciban este diñeiro é un dereito. “A participación da Xunta no Fondo de Cooperación Local é unicamente actuar de mera intermediaria. Debe transferir aos Concellos, en base a criterios obxectivos, os cartos que xa son deles. Isto non é ningún regalo do Goberno galego aos veciños”.

Ademáis, con respecto a comparación que Balseiro fixo do Fondo de Cooperación Local co Plan Único da Deputación, o socialista indicou que “nada ten que ver un co outro”, pois o Plan Único finánciase con fondos propios da Deputación e si ten carácter finalista xa que responde ás competencias legais da Deputación coa provincia.

“Balseiro parece descoñecer e non ter lido a Constitución, a Lei de Bases de Réxime Local, a Lei de Administración Local de Galicia ou a Lei de Servizos Sociais. Balseiro non sabe do que fala e mente descaradamente. Mentres desatende as competencias da Xunta na provincia, que segue sen Hemodinámica 24 horas, sen Rolda Leste, Sen servizos nos Hospitais Comarcais, sen médicos no rural, sen mentres suficientes nos colexios…”, salientou Santos Ramos.

O Fondo de Cooperación Local de Galicia conta con 350 millóns de euros e, tal e como denuncia o PSOE, a Xunta destinou á provincia o 5,7% destes fondos, que representan 20 millóns. “Isto significa que dos 10.000 millóns de euros do presuposto total da Xunta, o Goberno galego só destinou con criterios obxectivos aos 67 Concellos lucenses o 0,2% do seu presuposto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com