" />

Santos: “Necesitamos un apoio maioritario para avanzar nos dereitos que priva a dereita

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo e Presidenta do Partido, Lara Méndez López, e candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado mantiveron esta mañá encontros con veciños da provincia. Santos Ramos destacou que “este goberno socialista puido subir as pensións nun 1,6% en nun 3% as mínimas e non contributivas, pero non puido consolidar este aumento porque se opuxo o PP, Cs e independentistas. O PSOE tamén puido recuperar o dereito dos coidadores de dependentes, que na súa grande maioría son mulleres, a cotizar á Seguridade Social polo seu imprescindible traballo. Pero non puido aumentar os fondos para a Lei de Dependencia porque se volveron a opoñer os mesmos. O 28 de abril necesitamos un apoio maioritario para poder consolidar e avanzar nestes dereitos que priva a dereita”.

“Os 118.000 pensionistas da provincia viron durante os anos que gobernou o PP como lles baixaban dun xeito encuberto as súas pensións. Por un lado, subía o nivel de vida, a bombona, a leite, a luz… pero as pensións apenas aumentaban. E por outro lado, por primeira vez lles impuxeron ter que pagar os medicamentos que para eles eran gratis. En canto chegamos ao Goberno do Estado, o PSOE subiu as pensións para equiparalo co nivel de vida e agora quere blindalas na Constitución para que no futuro, pase o que pase e goberne quen goberne, ninguén poida xogar coas pensións e co poder adquisitivo das persoas maiores”.

“No ano 2007, aprobouse en España a Lei de Dependencia, a partir dese momento, tanto para os dependentes que reciben un catálogo de prestacións e axudas para poder levar mellor a súa situación, como para as persoas que os coidan, habitualmente mulleres que teñen renunciado, habitualmente, a súa vida profesional e social, se abre a posibilidade de cotizar á Seguridade Social e polo tanto existir para o sistema. En 2012, chega o goberno á dereita, recórtanse fondos, desaparecen recursos para os dependentes e eliminan as cotizacións para as persoas que os coidan. Entre todos temos que restituír o 4 piar do estado de benestar que é a Lei de Dependencia. Este é o exemplo de que o que pasa en Madrid, aféctanos a todos. Iso é o que nos xogamos o próximo 28 de abril. O agradecemento e respecto polas persoas que nos axudan ou o abandono e desamparo destes últimos tempos por parte do PP”, sinalou Santos Ramos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo