Santos Ramos: “Non vou formar parte de ningunha actitude que trate de dividir o PSOE”

“O que se di, non é certo. Estou seguindo o procedemento ao milímetro e se alguén considera que non o fago, hai mecanismos para resolvelo”. Así de contundente se amosaba esta tarde o Secretario Xeral do PSOE na Provincia, Álvaro Santos Ramos, ante as últimas novas publicadas por certo medio de comunicación no que se afirmaba que o socialista quedaría sen apoios para reprensentar á cidade de Lugo na Deputación Provincial.

A pesares do apoio da alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, o secretario provincial podería perder o seu escano, ao igual que a capital da provincia, na corporación provincial. Preguntado por estas cuestións, Santos Ramos, revelou a Xornal de Lugo, que estas informacións só fan que desestabilizar o partido e que “non vou formar parte de ningunha actitude que trate de dividir o partido, non foi o meu talante este tempo e non o vai ser como Secretario Xeral”. Dende o seu cargo, Santos apelou aos seus compañeiros a “cumprir as normas”.

“O meu plantexamento é claro; non é de nomes. É de territorio, de partido, de cohesión e de representatividade. No partido xudicial de Lugo, a Montaña debe ter un deputado, o perímetro de Lugo outro, un máis debería ir para a comarca de Sarria e, considero, que a capital debe ter un deputado provincial. Ese é o meu criterio, o que vou defender”, aclarou Santos Ramos que non quixo responder á pregunta sobre quen sería o representante da capital na corporación provincial: ” podo seu eu ou calquera dos outros compañeiros”.

“No meu plantexamento nada cambiou, e nas posturas que mudan de outros, non vou entrar; nin tampouco vou dar información do que sucede nos órganos do partido cando se reúnen”, sentenciou o socialista.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Astrocita Protoplásmica
    Xuñ 12, 2019 - 10:31 PM

    Afundiuse, afundido

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo