Santos Ramos presenta á súa candidatura a Secretario Xeral do PSdG na provincia

O voceiro provincial, Álvaro Santos Ramos, presentou esta mañá a súa candidatura a Secretario Xeral do PSdG-PSOE na provincia para as vindeiras eleccións dos socialistas lugueses, despois de que onte se lles presentara ás diferentes agrupacións locais da provincia o calendario das eleccións primarias.

Santos Ramos anunciou a súa candidatura ante os medios de comunicación, baseada en tres piares fundamentais: lealdade, compromiso e traballo. “Lealdade a todos os compañeiros, ao partido socialista e a lealdade entre nós que é fundamental para fortalecer a organización. O compromiso cos compañeiros que participan do goberno, pero tamén cos compañeiros que participan nas institucións dende á oposición que fan unha importante labor máis ingrata moitas veces que as de goberno. E o traballo, non fixen outra cousa na miña vida máis que traballar, para saír adiante e facer máis fortes as empresas e organizacións nas que teño desenvolto a miña vida profesional. Ademáis, creo que o traballo é o mellor instrumento que ten o partido socialista para unirse nun momento clave.”

Santos Ramos, se presentou como un candidato con principios e humildade, e que pretende deixar atrás, “vellos rencores, pois dende o rencor non se constrúe nada positivo nin nada útil para a cidadanía que é a quen nos debemos”. 

En canto ao equipo, Santos Ramos busca un Partido Socialista “nítido, recoñecible e perdurable” para os cidadáns da provincia e un partido que “supere etapas e afronte os retos do futuro man con man coa sociedade”.

Como xa se anunciara hai meses, Santos ten un apoio moi forte do presidente da Deputación, Darío Campos, o que para o voceiro provincial “non é só o apoio do presidente da Deputación, senón dun amigo”. De feito, o candidato á secretaría provincial socialista recoñeceu que Darío Campos foi “un peso importante á hora de tomar a decisión, Darío non só me apoia senón que me pedíu que me presentase. Ninguén desconfía de que Darío o fai porque cre que é o mellor para o partido e está preocupado pola situación do partido na provincia”. 

Non podía faltar, entre as preguntas dos xornalistas unha sobre o que xa se coñece como “besteirismo”. Santos Ramos deixouno claro, “esta é a candidatura de Álvaro Santos, non hai ningunha etiqueta máis. Fun leal a Besteiro, fun leal a Santín, son leal a Darío Campos, son leal a Gonzalo Caballero e son leal a Pedro Sánchez; e se fosen outros os compañeiros sería leal a eles, porque entendo que a fortaleza da organización ten que facerse dende a lealdade. Eu creo que a miña lealdade a calquera que fora o secretario é indiscutible. Aquí a única etiqueta que hai é a do partido socialista”, aclarou o voceiro provincial.

Primarias

Onte convocouse oficialmente o proceso provincial de primarias no PSdeG- PSOE, co calendario oficial que fixa a data das primarias o día 3 de decembro e o congreso provincial o 22 de decembro pola tarde. Os avais, para as primarias locais, se estipulan no 3% dos cerca de 2.100 militantes cos que conta a provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com