" />

Santos Ramos tomará medidas para mellorar as relacións do PSdeG

O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos, avanzou nun encontro coa militancia de Palas de Rei e Monterroso medidas que adoptará para mellorar a relación do Partido coas distintas agrupación municipais da provincia e coa sociedade. Neste senso, Santos Ramos dixo que apostará por unha Secretaría de Organización que manteña unha relación diaria, constante e fluída con todas as agrupacións municipais.

Neste senso, Santos Ramos dixo que “apostarei por unha Secretaría de Organización que manteña unha relación diaria, constante e fluída con todas as agrupacións municipais da nosa provincia e que se encargue de apoiar e reforzar o traballo que realizan os compañeiros e compañeiras que día a día defenden o traballo do Partido nos diferentes concellos da provincia”.

Ademais, “tamén contaremos cunha secretaría específica que se encargará da relación do Partido coa sociedade, para mellorar o contacto e a relación que temos con todos os colectivos sociais e coa cidadanía da nosa provincia” apuntou Álvaro Santos, quen destacou o seu compromiso persoal con todo o tecido asociativo que traballa en prol da defensa dos dereitos de cada un dos veciños e veciñas da provincia.

O precandidato dixo que “queremos un partido aberto á militancia e á sociedade, polo que traballarei a reo para que cada compañeiro e compañeira, así como cada veciño e veciña da nosa provincia vexa ao Partido como unha canle eficaz para que a súa voz sexa escoitada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo