" />

Sara das Reixas recibe o Premio Trapeira de Honra

A NPG Nova Poesía Guitirica vén de anunciar a gañadora do premio Trapeira de Honra que, este ano, recibirá Sara das Reixas. A entrega levarase a cabo o vindeiro sábado, 19 de outubro, ás 19.30 horas na Casa Habaneira de Guitiriz.

Asemade, ese mesmo día, NPG, xunto coa Asociación Os Vilares, Lareira de soños, terá lugar a entrega dos Premios do Certame de Vilariñas así como a homenaxe a Marica Campo.

Os tres actos estarán presentados por Antón de Guizán, presidente da Lareira de Soños e membro da NPG, e pola poetisa vilalbesa, María Xosé Lamas. Ademáis contarán coa participación da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; a vilarega impulsora dos proxectos da Lareira e NPG, Pas Veres; as poetas de Labrada, Luz Campello e Branka Villar; a escritora e crítica literaria, Ánxela Gracián, os poetas da NOP, Emilia Martínez, Moncho Bouzas e Pilar Maseda; e o grupo poético musical Corredores de Sombra, encargados de amenizar a velada e poñer punto e final ao día.

As homenaxeadas Sara Veres, Marica Campo e as Vilariñas premiadas Beatriz  Coira, Manuel González Prieto e Ana García Rivas serán agasalladas conobras artísticas de Isabel Pardo, Branka Villar e Viki Rivadulla creadas exclusivamente para a ocasión.  Ao remate do acto terá lugar a tradicional Cea Vilariña no renovado restaurante O’Korreo de Guitiriz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo