" />

Sarria acollerá a mostra sobre os 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

A localidade sarriá acolle, dende mañá, a mostra sobre os 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia na Catedral de Lugo a Xesús Sacramentado. Así, mañá ás 13.00 horas na cárcere comarcal, terá lugar a inauguración desta exposición organizada polo Centro Eucarístico Lucense e a Catedral de Lugo e que conta coa colaboración do Concello de Sarria.

Na inauguración participarán representantes da igrexa lucense- Mario Vázquez Carballo, Dean da Catedral e Vigario Xeral do Bispado e José Antonio Ferreiro, director do Centro Eucarístico lucense-, do Concello de Sarria -a concelleira de Cultura e Turismo, Reyes Abella García-, e do Colectivo Egeria, o seu presidente, Xulio Xiz.

Desde mañá a exposición poderá visitarse de luns a venres de 10 a 13 h ata o 12 de decembro.

Esta Mostra, preparada polo Colectivo Egeria para a Catedral Lucense, co patrocinio da Xunta de Galicia, inaugurouse na capital lucense o pasado Corpus, ao cumprirse o 350º aniversario do inicio desta plurisecular tradición, e visitou logo as outras seis cidades capitais do Antigo Reino de Galicia: Ourense, A Coruña, Santiago, Tui, Mondoñedo e Betanzos, e recentemente  as localidades de Chantada e Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo