Segue, imparable, o aumento de casos positivos por Coronavirus en Lugo

Un día máis, volve subir a cifra de afectados pola Covid-19. Nas últimas 24 horas as cifras arroxan un incremento de 52 infectados máis ca onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.795 deles 1.831 son da área da Coruña, 751 da de Lugo, 947 da de Ourense, 736 da de Pontevedra, 1.397 da área de Vigo, 1.642 da de Santiago, e 491 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 61 están en UCI, 360 en unidades de hospitalización e 7.374 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.484 persoas curadas, rexistrándose 1.445 falecementos.

Os últimos falecementos por coronavirus rexistrados correspóndense cunha muller de 96 anos falecida no HM Modelo Belén da Coruña, unha muller de 77 anos e un home de 69 que faleceron no CHOP e un home de 87 anos falecido no Hospital Comarcal de Verín.

O número de PCR realizadas é de 1.176.872

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com