" />

Seguen baixando os casos activos por coronavirus en Lugo

Un día máis o número de contaxiados por Covid-19 volveu a descender, nestas últimas 24 horas baixou en 9 persoas contaxiadas polo que actualmente son 124 os doentes que en Lugo e provincia seguen contaxiadas polo andazo. Hai que lembrar a necesidade de seguir mantendo as recomendacións das autoridades de saúde xa que devolver a aparecer contaxios podería ser necesario volvernos a confinar, o que sería un desastre tanto a nivel sanitario, como social e económico.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179 deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 110 da de Pontevedra, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 118.665.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo