Selección para 50 postos de persoal auxiliar do World Padel Tour de Lugo

O Concello de Lugo cederá as instalacións municipais da Casa do Deporte para realizar a selección de persoal auxiliar do World Padel Tour, que terá lugar, por primeira vez na cidade, entre o 3 e o 9 de setembro. Concretamente, o Salón de Actos acollerá dúas xornadas de entrevistas para cubrir 50 postos, o mércores, 29 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas, e o xoves, 30 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. Todas as persoas interesadas deberán achegarse co DNI, número de seguridade social e currículum.

Os postos a cubrir son para o control de accesos, o control de gradas, para pista e conductores, que é o único posto que require experiencia e antigüidade.

“Converter a Lugo en pista central do primeiro circuíto de pádel profesional constiúe unha aposta polo deporte, tanto na vertente máis competitiva, pero tamén na de espectáculo”, subliñou o  Concelleiro de Deportes e Medio Rural, quen fixo fincapé no retorno que este evento traerá para Lugo, non só  xerando estes postos de emprego, senón tamén traendo xente ao municipio, pois tendo en conta edicións noutras capitais, entre o 28 e o 56% das persoas asistentes foron de fóra da cidade sede do torneo. Así mesmo, a cita, segundo a propia organización, conta cun retorno económico de  preto dun millón de euros, aumentando as vendas no comercio local noutras cidades sede, como en Mijas a semana pasada, entre un 20% e 25%.

Ao campionato profesional de pádel, que hoxe en día é o segundo deporte colectivo de máis participantes en España, asistirán en Lugo 140 parellas, as mellores clasificadas na categoría masculina e feminina, e os primeiros a nivel mundial. Ademais, o World Pádel conta cun canal de televisión propio, con 238.000 espectadores e un 2% de share de media por tour, e retransmisión en streaming, cun millón de conexións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com