“Sen etiquetas” no Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres  “Sen etiquetas”,  un acto no que persoas usuarias de COGAMI mostraron unha colección bolsos e complementos deseñados pola súa compañeira Maricarmen Parapar. O acto, convocado baixo o lema “Moda, Persoas con Discapacidade, Mosaicos e Miradas”, celebrouse coincidindo co Día Mundial de Discapacidade, reafirmando o Museo Provincial do Lugo como un espazo accesible, inclusivo e aberto á participación da comunidade.

“Sen etiquetas” pechou unha xornada sobre Accesibilidade e Participación que se celebrou ao longo da mañá no Museo Provincial de Lugo, coa participación de Teresa Soldevilla, responsable da área de Responsabilidade Social do Museo Marítimo de Barcelona, de Alberto
Gamoneda, educador da área de Educación do Museo Thyssen, e de Claudia Torner, coordinadora de Apropa Cultura Cataluña, un proxecto que facilita o acceso á cultura e as artes a persoas con discapacidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com