O xogador madrileño Sergio Llorente (1,85 m., 24 anos) reforzará o posto de base do Cafés Candelas Breogán. Procedente do Palma Air Europa onde alcanzou 10,5 puntos e case 4 asistencias por encontro, Llorente destaca pola súa intensidade tanto en defensa coma en ataque. Sergio Llorente é un base con gran visión de xogo, bo penetrador, e conta con gran capacidade de xerar xogo e punto, tanto no 1 x 1 como en pick and roll.
O novo base celeste, fillo do histórico internacional José Luis Llorente, formouse nas categorías inferiores do Estudiantes de Madrid, conta con experiencia na categoría, na que militou defendendo as cores de Peñas Huesca, Força Lleida e Palma.
O adestrador lucense, Lisardo Gómez, destacou a importancia da súa incorporación: «Adáptase perfectamente á nosa filosofía de xogo pola súa capacidade de traballo tanto en defensa coma en ataque. É capaz de dirixir con moita solvencia e tamén de xerar o seu propios tiros».