Si, hai saída condea o tratamento dos medios sobre o crime machista de Murcia

Dende a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, e, a raíz do crime machista cometido en Murcia, no que unha muller foi salvaxemente acoitelada pola súa parella, manifestaron hoxe o seu rexeitamento “máis contundente” ao tratamento que se lle está a dar a tan brutal asasinato en diversos medios de comunicación,con titulares como Muere una colombiana en Murcia.

Titulares que, para a asociación, constitúen unha grave ofensa tanto á muller de orixe colombiano, como a todas as vítimas de violencia de xénero. Asemade, consideran que deixa patente a percepción que, aínda hoxe, “lamentablemente, se ten desta terrible lacra, obviando, unha vez mais, que esta muller, como todas as que a precederon, e as que,por desgraza, case con toda seguridade, a seguirán, non morreron, senón que foron asesinadas do xeito mais cruel”.

Para Sí, hai saída, o tratamento “amarelista” desta información por parte da prensa refricte “falta de ética e nula sensibilidade” hacia este tipo de situacións e condean, ademais, a mención “totalmente innecesaria, descriminatoria e ata xenófoba” da nacionalidade da vítima.

A asociación amosa a súa preocupación ante o “gravísimo feito” de que esta muller acudise a solicitar información sobre o proceso de divorcio, acompañada por un profesional da Cruz Vermella, ante o Equipo Municipal de Atención á Violencia de Xénero e ninguén detectou “sinais do inferno que esta muller estaba a vivir, argumentando como xustificación que ela non manifestou ter sido vítima de violencia de xénero”, o que, aclaran dende a asociación, é unha pauta común de prácticamente todas as mulleres que están a ser maltratadas.

Sí, hai saída asegura que esta situación requiere de profesionalidade, “unha considerable psicoloxía e empatía” para detectar a situación e animar á muller a que fale para o que “hai que empregar moita paciencia ademáis de tomar as medidas pertinentes e pór en marcha os protocolos existentes”; algo que, segundo a asociación, “é obvio que non se fixo”.

“É intolerable que, neste caso, como en tantos outros, non se tiveran, polo menos aparentemente según o publicado, en conta ningún destes factores, o cal nos fai incidir, unha vez mais, en algo que xa manifestamos en reiteradas ocasións: anecesidade imperiosa de facer unha selección sumamente rigorosa de todas as persoas que, dun ou outro xeito, traballan con vítimas de violencia de xénero”, critica a asociación nun comunicado.

“Estamos a falar de vidas, vidas que non se salvan soamente con burocracia e ocupando despachos. A loita contra a violencia de xénero e a axuda as súas vítimas vai moito mais alá de cumplir o expediente, e quen non teña a capacidade ou a sensibilidade para facelo así, debería ter a honradez e a conciencia de  recoñecelo e non xogar con algo tan serio como é a vida de seres humanos”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo