" />

Sindicatos denuncian que a empresa de seguridade do Arde Lucus incumpre o convenio colectivo

Representantes de todas as centrais sindicais con representación no sector da seguridade privada realizaron esta mañá un acto de protesta diante do Concello de Lugo para denunciar a contratación por parte do Goberno local de empresas que “incumpren os convenios que garanten os dereitos do traballadores en materia salarial e social”.

Entre esas empresas, segundo denuncian, atópase a encargada da seguridade no Arde Lucus e a encargada destas funcións no Fogar do Transeúnte e no CEI-Nodus. A este respecto, as centrais sindicais lembran que existe un acordo plenario que obriga a ter en conta as cláusulas sociais das empresas ademais dos criterios económicos.

Dende o Goberno local defenden que no caso da empresa encargada da seguridade do Arde Lucus, ao tratarse dun contrato menor (de menos de 18 mil euros) non é posible incluír cláusulas sociais. Con todo, o voceiro do Goberno local aclarou que si obrigaron á empresa a asinar un compromiso polo que se acolle ao convenio colectivo estatal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo