" />

Singnificativo aumento de casos activos de Covid na provincia logo de detectar 90 novos positivos en tan só 24 horas

90 novos casos de Covid19 detectados na última xornada tan só na nosa provincia, unha cifra moi por riba dos 38 detectados onte e, incluso dos 50 do luns. O avance do coronavirus tralas festas do Nadal comeza a saturar a sanidade galega. Con todo, e sendo Lugo a provincia que mellores datos reflexa, o certo é que xa chega ata os 890 casos activos. 

Con estes datos a suba da presión asistencial era case inevitable, na provincia hai 3 novos ingresados en plantas de hospitalización e dúas persoas máis na UCI do HULA, en total, 28 pacientes en planta e 4 na UCI. O hospital con peores datos continúa a ser o da Mariña con 14 persoas ingresadas, o HULA suma 9 pacientes Covid e o Hospital de Monforte conta con 5. Todos eles sumaron un ingreso no día de onte. 

Continúa tamén a tendencia ascendente dos contaxios nos centros educativos da provincia. Así, segundo indica Sanidade, os centros da provincia suman 93 positivos, 15 máis que na pasada semana. En total, son 54 os centros afectados por algún caso Covid, 12 novos esta semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo