Sinistro na intersección da Ronda dos Deportes coa Nacional VI

Ao redor das 15:00 horas de hoxe prodiuse unha saída de vía no acceso á N-VI coa Ronda dos Deportes. O vehículo matrícula 1911 BSX, conducido por A.V.V.,  ao introducirse no acceso da N-VI perdeu o control do turismo, sufrindo unha saída de vía á dereita e impactando contra unha farola. Non houbo que lamentar feridos. Ao lugar desprazouse unha dotación do Corpo de Bombeiros e empregados de Urbaser para limpar a zona.

A Unidade de Atestados da Policía Local iniciou as pertinentes investigacións para determinar as causas que motivaron esta saída de vía.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com