Sober organiza con Special Olympics os xogos de campo a través e petanca

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, o Presidente de Special Olympics, Eladio Fernández Pérez e o representante de PRODEME, Julio Cortiñas presentaron este mércores en Sober a XXI Edición dos xogos de campo a través e petanca que organiza Special Olympics, coa que colabora o Executivo Provincial. Nesta xornada, que se celebrará en Sober, este sábado 26 de maio a partir das 10:15 da mañá, participan un total de 263 persoas na organización, incluído adestradores e participantes. A Deputada felicitou a Special Olympics “por impulsar e organizar estes xogos, que contribúen a botar abaixo barreiras e obstáculos que son os que realmente entorpecen a total integración”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com