A soprano Noemí Mazoy ofrecerá o tradicional concerto de Nadal no Círculo das Artes

A Asociación Lugo Monumental e o Círculo das Artes colaboran para ofrecer un ano máis o tradicional concerto de Nadal da soprano Noemi Mazoy. A actuación terá lugar o próximo martes día 22 ás 20:30 h. no salón Rexio do Círculo das Artes pero a entrada será de balde xa que a Sociedade cedeu o espazo para esta ocasión.

A soprano lucense, con acompañamento de piano e acordeón, interpretará un variado repertorio de música de temática de Nadal, incluíndo arias, panxoliñas e cancións populares cun estilo que “xa é familiar a moitísimos lucenses, que cada vez en maior número demandan o concerto da popular intérprete”, tal e como explican dende Lugo Monumental.

Cabe lembrar que Noemi Mazoy leva moitos anos ofrecendo un concerto de Nadal e, tal e como lembran dende a asociación, “dende que Lugo Monumental recuperou a súa actividade, a asociación colabora con ela coa produción”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com