Sorolla, Dalí, Picasso ou Warhol, protagonistas da programación museística provincial

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde avanzou esta mañá as máis de 20 mostras e coleccións que acollerán as salas expositivas do organismo provincial ao longo de todo o ano, cun carácter significativo, pois neste 2018 celébrase o Ano do Patrimonio Europeo. Fíxoo xunto ás responsables da Rede Museística Provincial e o CENTRAD, así como persoal dos museos.

Campos Conde subliñou que “esta nova programación conta con máis de 20 exposicións nas que se poderán desfrutar de obras de pintores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, entre outros grandes artistas. Ademais haberá unha mostra de gravados, dende as primeiras vangardas ata as propostas posmodernas de finais do século pasado, na que estarán presentes obras de artistas tan importantes na historia da arte como Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura”.

O Presidente explicou que “esta ampla programación recolle gravado, pintura, escultura, así como mostras de traballos colectivos, cun marcado carácter social como Culturas en diálogo ou Fotografía a cegas”.

Os visitantes poderán gozar neste 2018 dunha ampla programación cultural entre a que se atopa a obra de David Catá, que continúa exposta ou pezas cedidas pola familia Gil Varela entre as que se encontran pinturas de Murillo, Zuloaga, Ribera ou Rosales, entre outros.

Asemade, a rede museística provincial acollerá a obra do escultor Pepe Galán, o traballo do chantadino, Manuel Jorge; unha retrospectiva do profesor mindoniense-valenciano, Juan Puchades; a colección de Luís Seoane; acuarelas de Elías Seguro; a obra do artista monfortino, Roberto González, así como outras coleccións como Nós+outrxs en rede.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com