" />

Suba importante de positivos detectados a xornada na que a presión asistencial volve ser a nota positiva

Malia que a tendencia víñao avisando e que é normal un aumento dos positivos detectados de cara á fin de semana, o certo e que a suba do ritmo de contaxios nas últimas horas é moi importante, máis do que, quizáis cabería esperar. 

Con todo, non todos os datos son malos hoxe. Se ben é certo que os casos non descenderon como viñan facendo nas últimas xornadas, tamén o é que non subiron en exceso, e máis ben pode falarse dunha estabilidade. 

En cifras, e segundo o último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, os casos activos na provincia sitúanse en 177, 2 máis que na xornada anterior. 

Este freo no descenso, vén dado pola gran cantidade de positivos detectados nas últimas horas e que o SERGAS cifrou en 17, moi por riba dos 7 positivos que se detectaron nas dúas xornadas anteriores.  Hai que ter en conta tamén o descenso das altas médicas e que xa son 12.670 as persoas curadas dende o inicio da pandemia, 16 delas no día de onte. 

Pero, a boa nova da xornada é o alivio considerable da presión hospitalaria. Se a pasada fin de semana os hospitais comarcais quedaban libres de casos covid, hoxe é o HULA o que libera parte das súas camas dedicadas ás enfermidades infecciosas. Así, nestes intres o HULA rexistra tan só 2 persoas en unidades convencionais de hospitalización e 1 persoa na UCI.

Estes datos, en apariencia bós, deixan na capital unha incidencia acumulada de 84 casos por cada cen mil habitantes a 14 días, e 51 a sete días, o que implica, segundo Sanidade, que as cifras aínda aumentarían. Sitúase así Lugo na cabeza das cidades galegas en canto á maior incidencia do virus algo que preocupa a Sanidade; en especial, tendo en conta que hoxe da comezo unha das festas con máis visitantes da capital: o Arde Lucus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo