Sufre una accidente e deixa o seu vehículo abandonado

Os feitos tiveron lugar ao redor das 18:00 horas cando un vehículo que circulaba pola rúa Camiño da Roca, cunha velocidade inadecuada, sáese da vía nun tramo curvo e precipítase a unha leira próxima. O condutor auséntase do lugar e deixa o vehículo abandonado. Os axentes realizan investigacións localizando ao titular do vehículo o cal identifica ao seu fillo como o condutor, acudindo ás dependencias da Unidade de Atestados, sendo denunciado polas infraccións cometidas e instruíndose dilixencias policiais.

Asemade, na Avenida Infanta Elena, á altura da rúa Alexandre Bóveda,  un turismo atropela nun paso de peóns a unha muller de 77 anos, que é trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario, presuntamente con fractura de boneca. O equipo de Atestados inicia dilixencias policiais.

Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com