Suplusa oferta a empresas nacionais e internacionais parcelas no Polígono de Baralla

A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, estableceu contactos con empresas de ámbito nacional e internacional, para a adquisición de parcelas industriais ben situadas desde o punto de vista das comunicacións e de gran superficie para a instalación de centros de distribución e loxísticos.

A empresa pública conta con varias Áreas Industriais completamente desenvoltas e repartidas por toda a provincia nas que se ofertan parcelas de diversos tamaños a prezos competitivos.

Pero no Concello de Baralla, máis concretamente na parroquia de Vilartelin nunha das saídas da A-6, a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A iniciou a promoción dunha Área Industrial de gran tamaño situada entre a propia A-6 e a N-6 para desenvolver un gran Polígono Industrial que polo seu emprazamento e tamaño se adecua ás necesidades expresadas pola empresas contactadas que buscan emprazamento para a distribución no noroeste peninsular.

Para este desenvolvemento adquiríronse terreos cunha superficie de 172.376 m2 cun custo económico de 1.418.669,78 euros, (incluído pago do chan, impostos, gastos notariais rexistrais….) na actualidade está a procederse á limpeza e roza dos terreos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo