" />

A TIC colabora na integración das persoas con Síndrome de Down

O patrón da Fundación TIC Álvaro Santos presentou este venres no Pazo de San Marcos un vídeo “dirixido á promoción do labor da Asociación Síndrome de Down Lugo”. Santos declarou que o ente provincial “terá sempre abertas as súas portas para colaborar na promoción e na realización de todas cantas actividades contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e a das súas familias, a través da súa plena integración social na nosa sociedade”.

Asemade, Santos subliñou que “estes traballos audiovisuais forman parte do convenio asinado entre a entidade dependente da Deputación e a Asociación Síndrome de Down co obxectivo de apoiar o importante labor social que desempeña esta ONG. A TIC actualmente colabora con máis 150 asociacións culturais, deportivas, agrupacións veciñais e entidades sen ánimo de lucro de nosa provincia”.

Santos Ramos explicou que este traballo, esta dirixido á promoción do labor tan importante que realiza a Asociación Síndrome de Down Lugo. Na montaxe realizada “recóllense escenas cotiás dos usuarios dentro e fóra das instalacións da entidade, que reflicten o esforzo que o colectivo está a facer para conseguir a integración plena dos seus usuarios na sociedade”.

Dixo que esta nova colaboración da TIC coa Asociación “ven motivada pola celebración do Día Mundial do Síndrome de Down, designado o 21 de marzo pola ONU, e que ademais este ano coincide co 20 aniversario da creación da entidade lucense”.

O vídeo, que ten unha duración de catro minutos de duración, amosa o traballo que os usuarios fan nun dos obradoiros ocupacionais, a visita a un centro de saúde, momentos de lecer nunha cafetería, e xogando ao tenis de mesa cos seus adestradores, entre outras actividades coas que procuran potenciar a súa autonomía.

Gala 20 aniversario

A asociación lucense celebra unha gala este domingo, día 20, ás 18:00 horas no Círculo das Artes, para conmemorar o seu 20 aniversario, na véspera do Día Internacional do Síndrome de Down. Un equipo da TIC realizará a gravación íntegra do evento durante o que se fará entrega dos III Premios Down Galicia. A representación dunha obra teatral e a proxección do vídeo realizado pola TIC completarán o programa da Gala, á que está prevista a asistencia de 400 invitados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo