Tomé: “A produción industrial galega cae un 6,3%; onde está a política da Xunta?”

“Onde está a política industrial da Xunta de Galicia para reactivar a produción?”, con esta cuestión analizaba o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Tomé, os últimos acontecementos ocorridos en Galiza con respecto á situación da central térmica das Pontes e a Alcoa. “A produción industrial cae na comunidade un 6,3% e está aguantada por grandes empresas”, explicaba o dirixente provincial quen aproveitou a comparecencia ante os medios para rexeitar os “espectáculos” que, asegurou, “non axudan a resolver problemas”.

Tomé negaba así o seu apoio á posible folga xeral que anunciaban onte dende o comité de crise da central térmica. “Se alguén apoia ás industrias, ben sexa Alcoa, ben sexa a das Pontes é a Deputación Provincial de Lugo, pero as transicións que haxa que facer teñen que ser tranquilas e suaves, que den tempo a ir sustituindo un tecido produtivo por outro”, asegurou o presidente apelando ao mantemento do emprego.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo