Tomé:”Necesitamos un novo modelo de servizos sociais e modificar o marco de financiamento local”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este martes as xornadas Gobernos Locais e Servizos Sociais, organizadas pola Deputación de Lugo en colaboración coa Fundación Democracia y Gobierno Local. Medio cento de traballadores e representantes institucionais de entidades locais de toda España participaron no encontro, celebrado de maneira telemática, durante o que o Presidente asegurou, “como firme defensor do público e do municipalismo”, que o ocorrido durante a pandemia no eido social, “debe facernos
reflexionar a todos”, e reivindicou a necesidade dun “novo modelo de servizos sociais e de modificar o marco de financiamento local”.

A incidencia da crise da Covid-19, a fórmula de xestión concertada, o reto demográfico e o coidado dos maiores foron os temas que vertebraron a xornada virtual, na que tomaron parte como poñentes expertos das universidades de Girona, Barcelona, Santiago de Compostela, A Coruña e da Autónoma de Madrid.

O Presidente subliñou que garantir o pleno acceso a unha carteira de servizos públicos de calidade no conxunto do territorio “supón cumprir co principio de igualdade que consagra a Constitución e é a ferramenta máis eficaz que temos para frear a perda de poboación no rural”.

A pandemia, asegurou José Tomé, supuxo “unha proba de estrés para os servizos sociais do noso país”, aumentando o gasto no conxunto dos concellos galegos en 6M€ mensuais”, segundo a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), sen que as entidades locais teñan recibido “nin un só euro de fondos adicionais para a loita contra a crise sanitaria”.

“Unha crise social, económica e sanitaria, que debera servir para revisar as necesidades das facendas locais, historicamente infradotadas, só serviu para cargalas con nova competencias impropias, como ocorreu coa desinfección dos colexios, que a comunidade autónoma de Galicia pasou aos concellos co argumento de que eran equiparables ás tarefas de limpeza e mantemento habituais”, afirmou o Presidente.

As administracións van seguir sendo axentes fundamentais á hora de acercar os servicios sociais á cidadanía, argumentou José Tomé, “pero non podemos seguir asumindo esta tarefa  dende a infradotación orzamentaria e dende a postura de desdén de quen non quere, nin asumir as competencias que teñen atribuídas por Lei nos seus respectivos estatutos de autonomía, nin recoñecer que as entidades locais podemos aportar solucións máis pegadas á realidade e ás necesidades do territorio, e, polo tanto, máis eficientes. As entidades locais non podemos seguir sendo tratadas como menores de idade aos que se lles regatea a paga, mentres cada ano sube o número de competencias que asumimos ante a deixadez ou infradotación das administracións autonómicas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com