" />

Towanda Rebels abre os Faladoiros Feministas da Deputación

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, e Fátima Pérez, do Foro Feminista Maruxa Mallo, inauguraron este venres un novo ciclo de Faladoiros Feministas impulsados pola Deputación de Lugo, que se desenvolverán ata o mes de maio. Teresa Lozano e Zua Méndez, Towanda Rebels, foron as encargadas de establecer un coloquio no Vello Cárcere de Lugo coas persoas que se achegaron ata o encontro.

A Deputación de Lugo, xunto co Foro Feminista Maruxa Mallo organizan esta iniciativa que ten como obxectivo conectar o feminismo coa cidadanía, propoñendo alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar ás mulleres e loitar contra as violencias machistas.

Ademais da achega económica necesaria para a organización dos Faladoiros Feministas, a Deputación, a través do Servizo de Audiovisuais, contribuirá á súa difusión.

Os faladoiros continuarán ata o mes de maio coa celebración doutras catro citas, nas que intervirán Ana Iglesias, o 28 de febreiro; Marta Busquets, o 13 de marzo; Carmen Castro, o 24 de abril, e Mabel Lozano, o 22 de maio. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo