Turquía

Cincuenta e catro lucenses pensabamos viaxar por Turquía ao remate de abril, pero non contabamos coas ocorrencias mortais do caudillo americano, que ven de poñer ao mundo patas arriba, atacándonos a todos na bolsa e na vida.

Froito da inmersión informativa nesta guerra, a moitos dos futuros viaxeiros preocupounos seriamente a situación, e na primeira reunión que tivemos votouse sobre a viaxe, gañando pola mínima os que nos retirabamos, a pesar de que a axencia organizadora, o maiorista e a aseguradora afirmaban que non había problemas previsibles, e que Turquía, en principio, non estaba en zona de perigo. Posiblemente porque a idade me estea volvendo timorato, con Tramp polo medio, todo o mundo resulta zona de perigo. E non me tranquiliza o feito de que fosen derribados os tres misís que sobrevoaron Turquía, nin a presunción de que as forzas atacantes controlan unha situaciòn incontrolable.

A organización da viaxe vainos sancionar por darnos de baixa algo máis de mil horas antes do comezo do periplo, como no seu momento outra axencia non me abonou nin un euro ao ter que suspender a viaxe o día antes, atacado pola Covid19.

Nesta ocasión, unha compañeira que non viaxará, con acreditada formación legal, formulou reclamacións no nome dos afectados, que foron inicialmente desestimadas. Moi posiblemente a Axencia, o maiorista e o Seguro, teñan razón, e non pasará nada a quen viaxe, pero hai que ter en conta que neste conflicto eles só arriscan unha présa de euros, mentras ca nós, ademais deses mesmos cartos, poñeriamos en xogo a nosa tranquilidade, cando non a seguridade, ben escaso que neste mundo e neste tempo case é unha utopía.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com