Últimas 5 prazas para participar no campamento de verán de Navia de Suarna

Deputación mantén aberto o prazo de inscricións para participar no campamento de verán que ofrece totalmente de balde na Escola de Barcia, en Navia de Suarna, do 20 ao 24 de agosto. Esta iniciativa enmárcase nas actividades medio ambientais e gratuítas que o Executivo da Deputación organiza na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses,
correspondentes ao terceiro trimestre do ano.
O campamento, destinado a rapazas e rapaces de entre 5 e 12 anos, celebrarase dende o luns 20 ao venres 24 de agosto de 10:00 a 14:00 horas no Concello de Navia de Suarna. Os interesados poden apuntarse a través da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal, cubrindo o pertinente formulario habilitado; a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org; ou ben no teléfono 982 227 813. Arestora quedan 5
prazas libres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com