" />

A 1ª Xornada de traballo do LUGOWORK reúne a un cento de persoas

O Pazo de San Marcos acolleu este mércores a primeira xuntanza de traballo do LUGOWORK, ao que asistiron un cento de persoas de todos os sectores, e no que participaron mozos e mozas, centros educativos, a USC e un amplo número de representantes do tecido empresarial da provincia de Lugo.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde dixo que o obxectivo desta xornada “é facer, coxuntamente, unha diagnose das necesidades laborais na provincia para definir as accións formativas do LUGOWORK que contribúan á inserción laboral dun mínimo de 300 mozos lucenses desempregados.”.

Campos Conde aproveitou a súa intervención para agradecer a todos os participantes a súa presencia, e as súas aportacións nesta primeira xornada de traballo. Con esta primeira toma de contacto, ponse en marcha a diagnose deste proxecto, cuxo obxectivo é coñecer as necesidades do mercado laboral na provincia para axustar a oferta de emprego á demanda. “E para facer posible isto, é imprescindible o diálogo con todas as partes, co tecido empresarial e cos mozos desempregados, facendo o máis participativo posible o noso plan”, remarcou o Presidente.

Coas cifras na man, e segundo a EPA, a taxa de desemprego xuvenil na provincia de Lugo é do 28%, aínda que descendeu con respecto a anos anteriores, hai que lembrar que no 2013 chegou a situarse no 40%. Ademais cada día, 40 mozos abandonan Galicia en busca de oportunidades laborais, que non teñen no noso país.

Dario Campos instou a administración autonómica “a impulsar proxectos como a Deputación de Lugo, para rematar xa coa lacra do paro en Lugo. Os nosos mozos e mozas teñen que ter oportunidades laborais, aquí na nosa provincia”.

Campos sinalou, que tras esta primeira toma de contacto, “haberá novos encontros e mesas sectoriais por todas as comarcas da provincia, para coñecer de primeira man e e en primeira persoa as necesidades de cada sector e de cada zona”.

A Deputación habilita na súa paxina web un cuestionario para que todas as empresas da provincia trasladen as súas necesidades laborais de cara o deseño das accións formativas do primeiro Plan Emprego xuvenil da provincia. LUGOWORK está dirixido rapaces lucenses de entre 18 a 30 anos que se atopen no paro. Conta con de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea, concretamente do Fondo Social Europeo.

LUGOWORK ofrecerá formación gratuíta sobre os nichos no mercado para a súa inserción laboral por conta allea, é dicir, en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custes salariais e de seguridade social dos novos traballadores durante 6 meses; ou a través do autoemprego, fomentando o emprendemento; opción na que os mozos recibirán directamente ata 3.000 euros para poñer en marcha os seus propios negocios.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo