Un collage protagoniza este ano o cartel do San Froilán 2016

Xa hai gañadores do concurso para deseñar o cartel do San Froilán 2016 e do San Froilán Miúdo. A imaxe escollida consiste nun collage baixo o nome de Neve que integra os elementos característicos e os valores destes festexos; a artesanía, a gastronomía e a música.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, aunciou ademais o deseño gañador do concurso do San Froilán Miúdo. O cartel leva por título ‘Xa chegou’ e está protagonizado por un polbo. “Trátase de dúas obras elaboradas por dúas mulleres luguesas, a cativa Lucía Varela Torres e Amalia Gorgoso Pacios”, subliñou Basadre ao tempo que informou que os deseños foron seleccionados por un xurado profesional composto polo profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro Rodríguez, o fotógrafo Pepe Alvez González, e unha profesora da Escola Politécnica Superior, María Isabel Somoza García.

O fallo produciuse esta mañá na Casa Consitorial, onde se xuntaron os máis de 80 traballos presentados ao concurso de adultos, o dobre que a pasada edición, e uns 42 aos dos máis cativos, unha decena máis que no 2015. Os gañadores recibirán un premio económico de 2.000 euros, no caso dos adultos, e un premio adaptado á idade da cativa gañadora, valorado en 300 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com