Un condutor ebrio choca contra tres vehículos estacionados en Camiño Real

Os feitos tiveron lugar ás 23’15 horas do pasado sábado día 8, cando a policía ten constancia dun accidente de circulación ocorrido en  Camiño Real, onde un turismo choca contra tres vehículos estacionados, tras o cal envorca sobre o seu lateral esquerdo. O condutor do automóbil sinistrado presenta varios cortes na cara, a pesar do cal se nega a recibir asistencia médica.

O condutor do turismo, un home de 27 anos de idade, foi sometido ás probas de detección do grao de alcol, arroxando dous resultados positivos de 1’00 e 1’02 miligramos de alcol por litro de aire expirado, o que supón cuadriplicar a taxa máxima permitida para a condución de vehículos, motivo polo cal se instrúen as oportunas dilixencias xudiciais por un presunto delito contra a seguridade viaria. O turismo foi retirado polo guindastre para o depósito municipal, onde permanece inmovilizado.

Horas máis tarde ás 2’00 horas do mesmo día 8, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, observa como un turismo comete unha infracción de tráfico en Rólda República Arxentina, motivo polo cal procede a deter a marcha do mesmo, poñéndose en contacto coa súa condutora, momento no que comproban que presenta signos externos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, motivo polo cal solicitan a intervención da Unidade de Atestados, cuxos membros levan a cabo as probas de alcoholemia regulamentarias, nas que arroxa dous resultados positivos de 0’81 e 0’74 mg/ L, polo que se instrúen dilixencias para xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Asemade, esa mesma noite unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno observa como un turismo que atravesa a confluencia das rúas Teresa de Calcuta e  Enebro fai caso omiso á sinalización de STOP, motivo polo cal proceden a deter a súa marcha en cálea Dolmen. Ao poñerse en contacto co condutor, un home de 34 anos de idade, observan que presenta claros signos externos de inxerir bebidas alcohólicas, motivo polo cal é requirido para someterse ás preceptivas probas de alcoholemia, negándose rotundamente a someterse ás mesmas, motivo polo cal se instrúen dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria, un por conducir un vehículo de motor baixo a influencia do alcol e outro por negarse a someterse ás probas estando obrigado a iso.

Este condutor tamén foi denunciado por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, xa que tamén se negou inicialmente a identificarse, sendo tan só posible a súa filiación cando foi trasladado a dependencias policiais.

Fotografía: Policía Local

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com