Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo detecta na Avenida de Infanta Elena confluencia con Rúa Montefaro, unha furgoneta parada no carril dereito, co motor en marcha e o condutor durmido, tendo os axentes que realizar varios “toques” coa man no portelo para que espertase sen resposta, polo que abren a porta do vehículo para espertar ao condutor, que presentaba unha forte intoxicación etílica, xa que desprendía un forte cheiro a alcol, as pupilas estaban dilatadas e o fala era pastosa, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,83 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo.
Asemade na rúa Julia Minguillón obsérvase a circulación irregular dun vehículo e ao identificar o seu condutor compróbase que carece do permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo.
Imaxe: Foto arquivo Policía Local control nocturno.