Elena Candia: “tras 25 anos de bipartidismo, Lugo necesita un cambio”

Onte deu comezo a carreira electoral de Elena Candia para acadar a alcaldía de Lugo, aínda que xa leva tempo reuníndose con colectivos e persoas, onte na sede do PP fíxose oficial o comezo. A candidata á alcaldía polos populares, mantivo onte a  tarde unha xuntanza con afiliados e colaboradores do Partido para presentarlles a estratexia de traballo #ObxectivoLugo que desenvolverá durante os próximos meses.Nese senso, a alcaldable popular explicou que “despois de case 25 anos de gobernos de PSOE e BNG Lugo necesita un cambio” engadindo que “estamos nun momento ilusionante e quero convidar a todos a formar parte deste proxecto”.

Elena Candia recalcou que “eu serei unha máis do equipo que alcance a maioría suficiente para gobernar o Concello de Lugo en maio de 2023” aclarando que “os éxitos do Partido Popular van ligados á movilización, a unidade e á coordinación do partido no municipio”. A alcaldable popular tamén quixo agradecer as mostras de afecto e de apoio recibidas nos últimos días e anunciou que “intensificará a participación e o protagonismo dos afiliados e colaboradores co fin de consolidar e ampliar a estructura do partido” e incidiu, “Deseñamos unha folla de ruta moi intensa para implicar e dar unha participación real a todos os que queiran facer achegas, suxestións, críticas constructivas ou ideas innovadoras”.“Así entendo a política a calquera nivel: hai que escoitar para acertar” aclaraba Candia.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com