" />

Un estudo da Xunta e o CSIC sitúa a orixe das terrazas da Ribeira Sacra no século X

A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Mª del Carmen Martínez Insua, e o director de Incipit-CSIC, Felipe Criado, presentaron hoxe os resultados das primeiras datacións nas terrazas da Ribeira Sacra que sitúan a súa orixe no século X e permiten reforzar a súa orixe e evolución histórica como paisaxe vitivinícola. Trátase, como explicou a representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dun estudo de especial relevancia que permite achegar evidencias científicas da orixe destes elementos singulares da Ribeira Sacra.

Os traballos, encargados pola Goberno galego, foron realizados polo Instituto de Ciencias del Patrimonio del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Incipit-CSIC) na ribeira de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón,e enmárcase no proxecto Adegas da Memoria, no que ademais da Consellería de Cultura e Incipit-CSIC, participan tamén o Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur.

Segundo estas actuacións, as datacións máis antigas da mostraxe identificáronse no século X, en época altomedieval, o que constata que o proceso de construción de terrazas remóntase a épocas pre-Císter. Realizáronse un total de 110 mostras recollidas e repartidas en cinco sondaxes en cuxa distribución influíron criterios como que houbera catas preto e lonxe do río, distintos graos de pendente ou distancia do xacemento dos conventos.

Tratábase de facer o mostrario o máis diverso posible para poder comprobar como foi crecendo en extensión a explotación agraria.

Ademais das datacións, este proxecto, levou a cabo dúas campañas de escavación no xacemento dos Conventos, un estudo etnográfico entre os veciños e o estudo da documentación medieval referente a esta parroquia ribeirá. Os dous achados máis reveladores desta escavación coinciden tamén no século X: un enterramento no que se localizaron restos humanos e unha lauda funeraria con inscrición. Ademais de coincidir no tempo coas datacións dos bancais, revelan un uso sacro dese espazo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. ¿Diógenes o Dioherencia? ▼
    ¿Diógenes o Dioherencia? ▼
    Mar 31, 2021 - 05:24 PM

    A ligazón non funciona

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo