Un fotomatón e dous concertos celebran o XIX aniversario da declaración da Muralla como patrimonio

A área de Cultura, turismo e Promoción da Lingua continúa coa celebración do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. No día de hoxe, o fotomatón “a Muralla e ti” continuou a facer fotos de veciñas e veciños que quixeron colaborar para construír unha muralla de persoas mentres que o vello cárcere acolleu os concertos da Banda Filharmónica Infantil, que tivo lugar ás 13 horas e Solo Voces, co seu Que o Camiño nos leve a Atoparnos ás 19:30.

As actividades rematarán o vindeiro martes, 3 de decembro, no Auditorio do Vello Cárcere onde, a partir das 19 horas terá lugar a mesa redonda Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, moderada por Rubén Arroxo, e que contará con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira. Ás 20 horas, Adolfo de Abel Vilela impartirá unha conferencia baixo o título O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com