Un funcionario de Bonxe ferido polo ataque dun interno

A Asociación Profesional de Traballadores Penais O teu Abandono Pódeme Matar ( TAM/ PM) denuncia os feitos acaecidos no C. P. de Bonxe a tarde do 08/05/2021, cando un interno arremeteu con gran violencia contra os funcionarios, causándolles diversas lesións.

Os feitos acaeceron no departamento de enfermaría, onde o interno pretendía abandonar o módulo sen permiso. “Ao ser recriminado polo único funcionario de servizo, encarouse con el de forma moi agresiva, ameazándolle con lear “unha ben gorda”. Acudido o Xefe de Servizos e outros funcionarios para tentar acougalo, o interno arremeteu con gran violencia contra o funcionario do módulo, rompéndolle a camisa e lanzándolle patadas e cabezadas, impactando varias no funcionario. Tal foi a agresividade do interno que foi preciso a actuación de 5 funcionarios para poder reducilo”.

Como consecuencia dos golpes o funcionario recibiu unha primeira atención na enfermería do centro, onde lle atenderon das contusións e múltiples erosións nun brazo. Desde TAMPM denuncian e condenan esta agresión, “volvemos solicitar melloras lexislativas (mesa sectorial propia, axentes da autoridade) laborais e retributivas, manifestamos todo o noso apoio ao compañeiro agredido e desexámoslle unha completa recuperación”.

 

Novas relacionadas

  1. PETERPAN
    Mai 09, 2021 - 10:26 PM

    Gracias @TAMPM_villena

    Reply
  2. tuabandonoestremera
    Mai 09, 2021 - 10:04 PM

    Trasladar la difícil labor que desempeñan los trabajadores penitenciarios y sus riesgos,nos ayudará a… https://t.co/LHOebNe5Qq

    Reply
  3. Tu_abandono_Almeria
    Mai 09, 2021 - 09:55 PM

    Gracias por hacerse eco de la noticia,#sosprisiones,#tuabandonomepuedematar

    Reply
  4. Quetecalles@
    Mai 09, 2021 - 08:51 PM

    Gracias por dar visibilidad a un trabajo cada día más escondido por @interiorgob y… https://t.co/naxA9OIZdo

    Reply
  5. TuAbandono_BONXE
    Mai 09, 2021 - 08:37 PM

    Moitas grazas por facerse eco dun problema, por desgraza cada vez máis frecuente nas pr… https://t.co/Qxh6BHDXBm

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com