Un gran número de positivos detectados a fin de semana sube a cifra de casos activos por riba dos 1700

1731 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo. Esas son as cifras que recollía o SERGAS ata as 18.00 horas do día de onte. Un novo récord que bate a provincia tras unha fin de semana moi negra de aumento moi significativo de contaxios e da presión asistencial. 

Ata as 18.00 horas de onte os sanitarios da provincia detectaron 111 novos positivos, unha cifra alta pero moi por debaixo dos 157 detectados na xornada anterior ou os 170 que informaban do pasado venres.

Este gran aumento debido, moi probablemente, ás últimas reunións do Nadal, deixa unhas cifras relativas á pesión hospitalaria moi malas. Así, na área sanitaria de Lugo Cervo e Monforte, se rexistran un total de 51 persoas ingresadas en plantas de hospitalización e 15 nas UCIs. 

O dato máis relevante continúa a ser o da Unidade de Críticos que non deixa de medrar diariamente, nas últimas 24 horas sumou 4 casos novos. Deles, 14 están no HULA e 1 na UCI do Hospital da Costa, que, por primeira vez, acolle un caso COVID. Con todo, nas plantas de hospitalización, por hospitais, se rexistran un total de 26 pacientes covid no HULA, 18 na Mariña,6 en Monforte e 1 no Polusa.

Por outra banda, a cifra de falecementos aumentou durante a fin de semana ata as 168 persoas logo de dúas mortes causadas polo virus na provincia. Tratábase dunha muller de 84 anos que finaba no Hospital da Mariña procedente do Asilo de Ribadeo, e un home de 86 que morría no Hospital de Monforte.

Con estas cifras, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo xa anunciou que durante o día de hoxe a Xunta endurecerá as restriccións á cidadanía, logo de que o Comité Clínico afirme non ver preto o pico da terceira vaga da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com