Un home faleceu ao declararse un incendio nunha casa en Monforte de Lemos

Un home perdeu a vida esta mañá despois de declararse un incendio nunha casa situada na Rúa Malvarón, en Monforte de Lemos.O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás once e vinte, a través da chamada dunha persoa particular que alertaba do incendio.Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local e Nacional.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte de Lemos sacaron do interior da vivenda á persoa, para que fose atendida polo equipo médico, que nada puido facer por salvarlle a vida. Ademais, comprobaron o resto da casa e descartaron que houbese alguén máis dentro. Por outra banda, informaron de que arderan varios mobles no interior da vivenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com