Un home perde a vida ao caer dunha árbore en As Nogais

Un home duns sesenta anos de idade faleceu hoxe despois de caer dunha árbore cando realizaba traballos forestais nunha finca da súa propiedade.

O accidente mortal produciuse ao fío do mediodía de hoxe no lugar de Doncos, no concello de As Nogais.

Foi un veciño quen pediu axuda a través do 112 Galicia ao decatarse da falta de pulso da vítima. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informou aos profesionais sanitarios, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

No operativo tamén colaboraron os membros do GES de Becerreá e os axentes da Garda Civil, alertados desde o 112 Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com