Un incendio calcina maquinaria e diversos apeiros no interior dun alpendre en Baralla

Un incendio calcinou esta madrugada un alpendre situado no lugar de Riosubil, na localidade de Baralla.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, as lapas calcinaron un tractor, un motocultor, distinto material de labranza e varios fardos de herba seca que se almacenaban no seu interior. Así o indicaron os Bombeiros de Sarria e os membros do GES de Becerreá, nada mais rematar coas tarefas de extinción.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume, ao redor das 03:00 horas desta madrugada. O alertante, aseguraba que non había persoas afectadas pero que as lapas podían propagarse á casa do carón. Foi a partir dese momento, cando os xestores do 112 puxeron axiña en alerta aos Bombeiros, ao GES e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo