Un milleiro de persoas participa nas actividades deportivas de Animación Sociocultural do Concello

Un milleiro de persoas de todas as idades participa nas actividades deportivas enmarcadas dentro da programación de Animación Sociocultural, organizada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira. Trátase dunha programación coa que o Concello pretende ofrecer unha alternativa aos veciños e veciñas de Lugo que queiran optar polo ocio saudable e a aprendizaxe de novas habilidades para ocupar o seu tempo de lecer.

As actividades, comezaron no pasado mes de outubro e estenderanse  ata maio, desenvolvéndose nos 7 centros de convivencia municipais. Así, no de Fingoi pódese practicar pilates, bailes de salón, ximnasia e taichi, no de Lamas de Prado, pilates, ximnasia, relaxación e bailes latinos, no de María Balteria, pilates, ximnasia, tai chi, e bailes de salón e no Maruja Mallo, piscomotricidade e baile moderno, de salón e latino, así como pilates, aerobic e relaxación. Pola súa banda, o centro de convivencia da Milagrosa acolle sesións de bioximnaisa e ximansia, ioga e técnicas de relaxaxión, pilates e bailes de salón. Por último, no Uxío Novoneyra, practícase ximnasia, pilates, relaxación e bailes de salón. As actividades con máis participantes son ximnasia e baile, con máis de 260 e 230 practicantes, respectivamente, seguida de pilates con 150.

González Abelleira amosou a súa satisfacción polo éxito que teñen estes talleres deportivos, que axudan ademais á socialización entre veciños e veciñas de distintas idades. “É vontade deste goberno seguir apostando polo benestar social, de aí o amplo abano de actividades que ofrecementos, tanto lúdicas como socioeducativas e físicas, que permiten abrir camiño cara unha integración real, indispensable para a sociedade inclusiva que queremos alcanzar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com